Constitue con Rosalía e Curros un dos piares da literatura galega do S XIX.
Eduardo Pondal Abente naceu na vila de Ponteceso, na comarca de Bergantiños (A Coruña), comarca que marcará toda a súa obra poética chegando a ser o centro do seu mundo mítico.
Recibe unha boa formación clásica. Posteriormente estudia Medicina en Santiago de Compostela. Establece contacto, no Liceo de la Juventud, coa intelectualidade galega da época: Rodríguez Seoane, Aguirre, Murguía... No ano 1856 foi protagonista principal do "Banquete de Conxo".
Rematada a carreira ingresou na sanidade militar, profesión que logo abandonou para retirarse ás súas terras de Bergantiños e adicarse totalmente á literatura.
A obra de Pondal estructúrase, fundamentalmente en dous aspectos:
Cívico-patriótico. Canta nos seus poemas ós nosos antergos, os heroes celtas, moitos deles nomeados con topónimos da nosa terra. Pondal considera a poesía como un medio para transforma-la sociedade.Cos seus poemas épicos trata de que o pobo galego tome conciencia da súa identidade.
Lírico. Neste aspecto destaca a presencia da Natureza e da muller. Canta a paisaxe dos bosques da Gándara, e a tempestade, o vento ... case sempre facendo referencia a súa comarca de Bergantiños, describindo o mar e a costa.
Respecto á muller, ten unha visión romántica, de idealización, ás veces, e outras a considera como presa do home.
Cultiva unha poesía popular e naturalista. É un escritor moi culto, coidando moito o léxico, sobre todo cultismos de procedencia grega. A diferencia de Rosalía, Pondal é máis intelectual.
A letra do himno galego pertence
a un dos seus poemas "Os Pinos", recollido na obra "Queixumes
dos Pinos", publicado en 1886.![]()