PORTA ABERTA Son moitos os retos ós que nos enfrontamos ó longo dos anos que leva en funcionamento este colexio. Este que nos propoñemos agora é dos máis ambiciosos. Comenzamo-lo século cunha serie de avances tecnolóxicos dos que non pode descolgarse a educación dos futuros homes e mulleres que collerán o noso relevo, e que acadarán uns logros que, neste momento quizais, sexan inimaxinables. Pretendemos coloca-la primeira pedra dunha obra da que non coñecemo-lo final, pero de seguro, vai servir de axuda para o coñecemento e a formación do noso alumnado, as familias e a sociedade na que se van desenvolver as vidas das persoas que están a carón de nós. Abrimo-la porta para amosa-la realidade actual do noso Centro, sendo conscientes do longo camiño que queda por percorrer, xa que a educación supón, sempre, un proceso en contínua evolución. |
Preme na man para entrar no colexio ou na casiña para ir ó índice |