|
2ºPremio para nenos ata 14 anos
|
Mariña Díaz Gallego foi a gañadora deste premio. Imos poñe-lo conto aquí para que o poidades ler. É moi fermoso e da unha idea do coñecemento e reflexión sobre o mundo animal que tivo que face-la autora para escribilo. Tamén do moito cariño que lle inspira a súa cadela, motivo que, pensamos, está no fondo do conto. ¿Como estarán moitos cans que teñen que face-los labores que os donos lles encomendan? Hai cans de caza que non cazan, cans de garda que non gardan, cans que devecen por un agarimo cando os donos queren que axuden a escorrenta-la xente... |
![]() |
|
|
Cousas de cans |
1 Keka
|
![]() |
|
Pero eu non era capaz, e nese momento mandaba a outro. Os outros cans eran: Leo, un can forte que sempre cazaba algo, era negro con manchas marróns; Neve, ela era moi boa tanto cazando coma de carácter, era marrón con manchas da mesma cor; Duna, ela tamén era boa e cazaba de marabilla, era branca con manchas marróns, e Coco, era novo pero bo cazador. Eu non sabía nin quería cazar, aínda que me obrigasen nunca o facía, e esta é a miña historia. E que conste que o meu amo queríanos moito: dábanos tres veces de comer, cepillábanos unha vez ó día, xogaba connosco, etc. E digo isto para que non pensedes mal do meu amo. Un día recibín unha carta que poñía: "A tódolos cans que lles gustaría cambiar de amo, esta é a súa reunión con cadelos de tódalas partes do mundo buscando unha nova vida. Veñan, estamos na lagoa central de Londres preto de Hyde Park, o sábado ás 5:00 da tarde, esperámoste". Aquí está a miña salvación, será mellor para todos, para min e para o meu amo. E así fun rumbo a Londres que non quedaba moi preto. Pero de polizón nun deses camións de comida precociñada chegarei antes, e como non teño ningunha competición, alá vou. E así foi rumbo a Londres. |
![]() |
2 LucasEu son Lucas, un pequeno San Bernardo moi traveso, vivo en París e a verdade é que estou mal, teño frío e a miña ama non deixa de sobarme e as súas amigas, non che conto, elas pensan que me gusta pero a min non che me gusta nadiña. |
|
Pero
iso non quere dicir que non quera á miña ama pero é
que as veces é moi pesada: que se me leva a concursos de beleza,
que se me maquilla, que
se me pon laciños... estou farto ¿por quén me toma?.
Ela é diseñadora e dona dunha boutique moi famosa e ten
moitos cartos. Non está feita para min pero aquí estou aguantando
os lazos e todas esas cursiladas da miña ama que agora deulle por
chamarme "Luquichiño", non o aguanto, e tamén
me leva a facer anuncios, non o vexo normal. Ía escaparme pero
deume pena por ela pois quéreme moito e eu a ela, o que pasa é
que é a cousa máis cursi que vin na vida. Entón atopei
esa carta que me salvou a vida. Entón irei nunha viaxe de negocios
que vai ter Susi (a miña dona) a Londres, escaparei e irei a Hyde
Park.
|
3 LamaEu son Lama, unha West Highland terrier (de moi boa raza, non vaiades pensar), son branquiña e pequena e fago as cousas onde as teño que facer, son intelixente, aventureira, non ladro e son moi, moi mimosa, aínda que nesta familia ninguén me fai caso, parece que non existo. Estou moi triste pois parece que non me queren, só me fan caso cando non teñen outra cosa que facer ou comenzo a mosquearme. Gústame que me fagan mimos e aquí nunca recibo ningún, o primeiro día fixéronme moito caso pero dende que naceu o meniño eu non existo. Vivo en Escocia. E a verdade é que estaba desesperada ata que recibín a carta. |
![]() |
|
Agora
estou de camiño a Londres, de polizona nun camión do meu
amo. E estou moi leda de cambiar a miña pobre vida por alguén
ó que lle guste ser un floreiro. Son moi boa e cariñosa
pero nesa familia non podo expresar o meu cariño pois é
coma se non existise, pero vou ter unha nova oportunidade e aínda
que só teña apenas un ano teño instinto aventureiro.
|
![]() |
4 LuluEu son Lulu unha Caniche de vida sinxela. Vivo en A Coruña, a miña vida é moi pringosa, sempre no porto a tocar pescado con Uxía, que as veces se queixa de que sexa tan repipi, a min gustaríame ser famosa e facer anuncios e que me soben moito, non estar aquí chea de agarimos e aventuras con Uxía, que nin siquera me pon lazos nin cousas polo estilo. Como nun prato normal, non hai dereito a que me traten así. Sempre para a escola aguantando que os nenos coas mans pringosas toquen a miña bonita pelaxe recen lavada con champú normal. E nos veráns á aldea, sempre no monte a mancharme, |
| isto non é xusto, ata as miñas amigas: a Yorkshire Mari, a Chihuahua anana Pepis, a outra Yorkshire e as demais amigas de cotilleo rían de min por non ser unha estrela. Pero todo cambiará cando vaia a Londres, por iso da carta, a miña vida cambiará e serei unha estrela parisina, rumbo a Londres no coche da miña amiga Mari. |
|
5 Tor Eu son Tor un cadelo de caza aínda que na casa iso está mal visto. Vivo en Portugal, mellor dito en Lisboa. A miña ama é moi boa, pero a miña veciña non; ela ten un loro e eu coma estou sempre a cazar, sempre lle fago algo. É coma sempre a miña ama regáñame, e eu estou máis que farto dese loro choromiqueiro. Creo que esta non é a casa que debería ter, creo que non debería estar aquí. Eu necesito cazar e normalmente fágoo, pero non con ese loro senón con ratóns, lagartos e todos eses animais pequenos ós que ninguén quere; entón Águeda (a miña ama) felicítame, aínda así ás veces réñeme pro andar a comer e cazar bichos raros. Estaba mal ata que atopei a carta, e sen pensalo, agora estou rumbo a Londres mentras que Águeda vai á compra. |
![]() |
![]() |
6
Trufa Eu
son Trufa, un Fox Terrier. Gústame pintar, pero miña ama
non me deixa, di que sempre o ensucio todo. Eu vivo en New York. Pasábao
mal pois eu con toda a intención do mundo fágolle un cadro
na alfombra a Lauren e ela a reñirme. Eu teño que expresar
a miña arte pero se non me deixan malamente o poderei facer. A
min Lauren quéreme moito, aínda que me riña eu sei
que me quere. Gústame ver programas de arte para aprender máis
e ver se ela me comprende, pero nada, aínda que vexa milleiros
de programas ela segue así a berrarme. Quéroa pero isto
non pode ser así. Gústame Picasso, pois o abstracto que
fai está ben (e o que fago eu). Todo estaba mal ata que recibín
unha carta, que por certo non tiña debuxos, e agora estou rumbo
a Londres.
|
|
7
Tino Eu
son Tino un Cocker, a miña vida para min non é boa. Vivo
en Italia, con Mini a nena que me coida. Un día para ela é
máxico, pois por exemplo a ela gústalle pintar e eu non
sei, a ela gústalle ver poñerse o sol e eu sempre quedo
durmido, e ela polo baixo arepíntese de facerme ir aló para
ver iso, se a miña vida non me gusta é porque creo que Mini
merece un cadelo mellor, por iso non quero estar con ela, para non molestala.
Quéroa tanto que o que menos me gustaría sería que
ela o pasase mal por min. E por iso creo que é inxusto o que estou
a facer. Ela lévame a todas partes e eu estropéoo todo,
cando foi o seu cumpreanos eu comín a tarta e rompín os
globos e podería seguir pero estou apenado e non me apetece. A
carta salvoume a vida por iso agora estou rumbo a Londres.
|
![]() |
![]() |
8
Luci Son
Luci unha Cocker Spaniel, e a min non me gusta pintar, pero á miña
ama encántalle e sempre me di "veña inténtao,
seguro que o fas ben"; si, claro, iso é fácil dicilo
para ela, pero para min ... a verdade é que non. Vivo en China
que é un sitio fascinante. Eu quero á miña ama pero
perdo o tempo a pintar para que ela se alede. Estou farta de mancharme
coas pinturas e de facer o parvo. Ela mércame revistas e vídeos
de arte para que aprenda pero eu son a típica que me poño
a durmir e logo quero xogar, non pintar. Eu pásoo mal pois non
me gusta pintar e xa está, non quero nin aprender nin nada. Todo
ía máis que mal, ata que atopei a carta, e fun sen pensalo
ó autobús, alí coñecín a moitos cans
que tamén ían alí.
|
|
9 A reunión Cando cheguei a Londres, fun coma tódolos cans a ese parque da carta e alí coñecín cans de tódolos lugares do mundo co mesmo problema, non querían seguir como estaban. Despois dunha longa conversa onde diciamos o noso problema, decidimos quen se ía para onde. A primeira foi Lulú que dixo que o que quería era ser famosa e que lle puxesen lazos, entón alí saltou Lucas desesperado dicindo que lle cambiaba a casa e a familia. Despois foi Lama que decía que non quería ser un floreiro e escoitou tódolos problemas e encantoulle a vida de Lulú e así foi, Lama ía para A Coruña. Logo Lucas dixo sen pensalo dúas veces "Eu quero ir para a familia de Lama pois así non me molestarán con lazos nin con historias". Trufa foi dereita a min dicindo que a miña vida era a ideal para ela pois amaba a arte. Tor tamén quería a súa parte na familia de Keka como can de caza, e Keka a súa como can de estar pola casa sen ter que pensar en que tes que cazar ó día seguinte. Despois a min a verdade, encantoume a vida de Trufa e alí fun. Só quedaba Tino que estaba moi triste, entón buscamos unha solución... ¡Xa está! Dixemos todos á vez: Tino tes que portarte mellor, pasaralo moi ben pois a túa familia é moi boa, inténtao -dixo Lama. -Tes razón intentareino. |
|
10 Todos moi ledos Keka estaba moi ben coa súa nova familia, pois queríana moito e non a mandaban cazar, mesmo ían xogar ó parque tódalas tardes. Lucas quedou moi ledo pois non o molestaban e recibía o cariño que el precisaba. Lama estaba contentísima e Uxía amabaa con loucura, mesmo ían escalar as árbores para ver a paisaxe, e sempre que ían polo periódico pasáballes algunha aventura. Lulú volveuse una estrela do cine canino e as súas amigas quedaron chafadas. Tor converteuse na envexa dos cans de caza. Trufa volveuse toda unha artista, mesmo gañou premios. Tino aprendeu a pasalo ben con Mini e agora son inseparables. E Luci ten unha vida tranquila chea de agarimos por parte da súa ama. E todo rematou ben para todos, que é o que importa. ADEUS. |