![]() |
Os peixiños Os peixiños cando nadan parecen ser de cristal teñen as escamas de ouro e as aletas de sal.
|
|
Van por enriba das ondas e xogan, brincan e fan voltas e reviravoltas e volven xa a empezar. |
|
![]() |
Agora co chapapote que apareceu polo mar os peixiños xa non poden, xa non poden nin nadar.
|
|
Ós homes que foron malos e deixaron vertidos no mar. Nós preguntamos: ¿e os peixes? ¿Onde van ir xogar? |
|
![]() |
¿E as praias? ¿E as rochas? E todo... E todo se perderá |
Este ano en Galicia houbo unha catástrofe pola culpa do petroleiro Prestige.
Co seu chapapote está facendo que morran os nosos peixes, aves e nós tamén. As nosas rías e praias están contaminadas e o mar destrozado. Esta desgracia ocurriu no mes de novembro de 2002.
Xa levamos sete: Policommander, Andros Patria, Erkowit, Urquiola, Cason e Mar Egeo ... e agora o Prestige. ¡Cantos máis vendrán despois!. Cada ano, cada dous anos, cada tres...
O Prestige chegou ás nosas praias e as pintou de negro, chegou a Muxía, Fisterra, as Illas Cies e moitas máis.
Os voluntarios e os mariñeiros galegos fixeron o posible para limpar a pesares de que apenas tiñan medios... en moitos casos fixerono coas mans.
¡Ogallá que NUNCA MÁIS ocorra!
Alumnos de 4º B
![]()
A nosa cadea humana contra os desastres no mar.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A Cadea Humana contou cunha ampla representación dos distintos sectores da Comunidade Educativa.
![]() |