Manuel Leiras Pulpeiro naceu en Mondoñedo. Cursou estudios de Latín e Humanidades no seminario da súa vila, posteriormente licenciouse en Medicina na universidade de Madrid e exerceu esta profesión na súa bisbarra ata a súa morte no ano 1912.
Home de arraigadas conviccións liberais e republicanas, que xamais ocultou, e que sempre manifestou sen estridencias, foi presidente do comité Republicano Federal da vila de Mondoñedo.
Sábese que sempre rexeitou desempeñar postos importantes dentro do seu partido. Home moi sinxelo, declinou en 1905 o nomeamento de membro honorario da Real Academia Galega, institución á que máis tarde donaría importante material léxico e folclórico por él recollido.
En 1910 participou nun certame poético en Vigo, onde foi premiado o seu poema "Un Galo".
Un ano antes de morrer publicou "Cantares Galegos" un breve volume con 244 cantigas nas que podemos ver unha triple temática: costumista, patriótica e sátira anticlerical.
Leiras Pulpeiro é
un poeta cunha personalidade e temperamento de moito brío. Maniféstase
rebelde contra o clero e nas súas composicións exalta a figura
do Mariscal Pardo de Cela. Ten unha linguaxe rica, utiliza un léxico
comarcal e unha enxebre sintaxe.![]()