Rede

 

 

Rede: aparello formado por un tecido de mallas de diversos tamaños e materiais. Ten moito uso, pero en especial na pesca.

 

Boia

Boia: mantén a rede en posición vertical.

 

Boia bourel

Boia bourel: para levanta-los aparellos. Para que as redes non vaian ó fondo, e ó mesmo tempo sinaliza-la situación das redes no mar.

 

CoreanaCoreana: boia de aparellos para sinalizar, xa sexan nasas, anzois ...

Baliza

Baliza: sinal fixa ou flotante que se pon para guiar ós navegantes nun paso complexo. Tamén pode ir atada ós salvavidas. Se acende cando cae un home ó mar.

 

Cortizo farola

Cortizo - farola: tipo de baliza para día ou noite. Leva enganchado un cabo ata a rede de fondo. Para noite se incorpora no medio unha luz.

 

AgullaAgulla: barriña de madeira ou plástico en forma de lanzadeira coa parte anterior vaciada e atravesada por un corpo lonxitudinal que serve para encanilla-lo fío. A parte posterior remata nun garfo de dous dentes. Úsasa para confeccionar e coser redes. As máis antigas eran de madeira, agora son de plástico.