Rosalía de Castro 1817-1885

É unha das figuras que demostra a viabilidade dunha obra en galego de auténtica altura literaria.

En 1863 publícase "Cantares Gallegos" que se vai converter no primeiro clásico de Literatura Galega contemporánea. No centenario desta data (1963) coménzase a homenaxear ós nosos escritores instituíndose o "Día das Letras Galegas".

A súa primeira infancia pasáa na aldea de Ortoño, sendo o seu primeiro contacto co mundo rural galego, crenzas, costumes, cantigas, etc., que influirán de forma decisiva na súa obra de "Cantares...".

Posteriormente ten a oportunidade de relacionarse coa mocidade intelectual de Compostela: Aguirre, Pondal, Murguía..., a través da Sociedade de "Amigos del País" e o "Liceo de la Juventud", persoas que deixaron unha forte pegada na autora.

Por mor do seu casamento con Manuel Murguía recorre diversos lugares da xeografía española e vai compoñendo gran parte dos poemas de "Follas Novas", obra que publicou en 1880, sendo este o derradeiro libro en galego de Rosalía, onde, máis alá de retratar o costumismo do pobo galego que recolle en Cantares, afonda nos sentimentos, deixando ver unha certa angustia existencial da alma galega marcada pola saudade.

En 1871 volve definitivamente a Galicia para afincarse na súa casa de Padrón onde morre no ano 1885.