|
En grupos de 4 - 5 alumnos / as. A
cada recibirá, en distinta orde, os folios que aparecen a continuación,
nos que hai unha serie de fotos do pavillón; na zona da foto que
aparece, atoparán unha proba nun sobre ( para cada proba teremos
preparado o material que se empregará nela ). Cando esa proba se
dé por superada polo mestre /a continúan coa seguinte foto
ata acabar co percorrido das dezaseis fotos que se lles entregou. Este
xogo pode levar unha ou dúas sesións, dependendo do número
de fotos e a complexidade das probas.
As probas poden ser como as seguintes:
- Transportar a tódolos membros do grupo dun
xeito diferente.
- Pintar a fronte co seu nome.
- Facer unha poesía co nome de tódolos
membros do grupo.
- Cubrir con papel de periódico a un dos membros
do grupo.
- Desprazarse todos xuntos facendo un percorrido cos
cordóns dos deportivos atados.
- Facer un vehículo ( cunha corda, globos,
... ) e desprazarse todos xuntos polo circuíto indicado.
- Vestir a un dos membros do equipo cunha cantidade
de roupa indicada aportada polo resto do grupo.
- Buscar unha moeda nun prato de fariña.
- Sacar un obxecto dun cubo cheo de auga.
- Averiguar o número de escaleiras que hai
nunha zona do pavillón.
- Buscar ao conserxe e multiplicar por 43 o número
que nos da.
- Intercambiarse entre os membros do grupo unha peza
de roupa por cada neno / a.
- Facer un percorrido en equipo pasando de atrás
hacia adiante por debaixo das pernas dos demáis no grupo.
- Bailar o " Minué " diante do mestre.
- Construir unha angarela co material que ofrece o
pavillón e transportar a un do grupo para demostralo.
- Contar o número de árbores, contenedores
de lixo, etc., do centro.
|