O caso das fotos do parque
Cámara

Os alumnos/ as terán un mapa do xardín da Cubela, que é o parque que está máis preto do Colexio; podemos velo tódolos días e ten un fácil acceso desde o pavillón para realizar este xogo e o seguinte. O mapa estará só cos detalles esenciais. Ao lado do mapa aparecerán oito árbores do parque. Terán que sinalar en que lugar ou lugares hai esas árbores ( para iso traballarán previamente buscando na páxina web do centro este mesmo mapa, pero con acceso ás árbores e ás súas características e ubicación ); ( www.edu.aytolacoruna.es/centros/sfxabier/xardins/cubela.htm ). Cando os teñan localizados irán ao parque e buscarán, nesas árbores, fotografías de diferentes deportes que haberá gardadas en cartuchos fotográficos ( para cada tipo de árbore haberá unha fotografía, polo que se hai varios árbores da mesma especie a fotografía só estará nun deles). Collerán unha fotografía por cartucho ( haberá varias, unha para cada grupo ) e, cando as teñan todas, escribirán de que deporte se trata.

Plano do xardín da Cubela
Cedro
Bidueiro
Falso alcipreste
Acivro
Cerdeira
Tuia
Érvedo
Oliveira

Estas son as máis coñecidas das árbores da Cubela. Hai moito arbusto e prantas tapizantes, moi semellantes ás árbores pero en variedades enanas de xardinería.


Non é nada sinxelo atopar as pistas no xardín.
Buscando as probas
Poden estar aquí
¿Na auga non!
Poden ser esas árbores
Poden estar en calquera lugar.
Volve ao índice do seminario
Volve ao índice do seminario

Volve ao índice dos xogos

Vai aos xogos