Xogo das gafas
Gafas

O xogo das gafas pretende desenvolver a orientación espacial, a cooperación entre compañeiros / as e o descubrimento da importancia da visión, polo feito de que neste xogo prescindimos dela.
O material necesario é de un par de gafas de piscina por parella e panos de papel.

Ficha de acertos
Identificando lugares
Guiando á compañeira
O xogo realízase por parellas. Un dos membros da parella pon as gafas cubertas por un pano ( e polo tanto carece de visión ) e o outro fai de guía. Durante 15 minutos aproximadamente o guía leva ao seu compañeiro / a por varios lugares do pavillón e, de cando en vez, entrégalle un obxecto para que o toque e o identifique.
Todo o grupo
Un lugar difícil
O resultado queda anotado nas listas que aparecen a continuación. Pasados os 15 minutos e, ao sinal do mestre / a, os alumnos / as intercambian os seus papeis.
Eu tapo os ollos
Outra escaleira
Podes seguir
Volve ao índice do seminario
Volve ao seminario

Volve ao índice dos xogos

Volve aos xogos