Os investigadores
Sabueso


Neste xogo nos distribuimos en grupos de 4 - 5 alumnos / as. Cada grupo terá un plano do pavillón no que aparecerán marcados, en distinta orde para cada grupo, vinte lugares. En cada lugar haberá, pegada con fixo para non tocala nin arrancala, unha pregunta. O grupo tratará de atopar e copiar nun folio tódalas preguntas no menor tempo posible; cando o fagan se sentarán na pista e tratarán de respostalas.

As preguntas poden ser como as seguintes:

  • ¿ Que cantante español participou no último Festival de Eurovisión ?
  • Verdadeiro ou falso: A doncela é unha serpe
  • ¿ Cal é o animal que ten máis dentes ?
  • Escribe o nome de tres tenistas famosos / as
  • ¿ En que lugar de Galicia están os máis famosos encaixes do mundo ?
  • ¿ Que famoso héroe lanzoulle unha frecha a unha mazá que tiña o seu fillo na cabeza ?
  • ¿ Como era o bikini de Eva María ?
  • Verdadeiro ou falso: A Fraga de Cecebre débelle o seu nome ao presidente da Xunta
  • ¿ Cal é o nome dos mosqueteiros máis famosos ?
  • Cita o nome de catro mariscos
  • ¿ Donde están as chaves, matarile, rile, rile ?
  • Escribe o nome de tres superhéroes
  • " Don Quijote de la Mancha " é a obra máis famosa de: Miguel de Cervantes, Rubén Darío ou Paco Porras
  • ¿ Que pesa máis: un quilo de ferro ou un quilo de algodón ?
  • ¿ En que país se van a celebrar as olimpiadas do ano 2008 ?
  • ¿ Que animal ten os pés na cabeza ?¿ Que quere decir que unha persoa está incontinente ?
  • Cal de estos tres personaxes é un escritor famoso: Coto Matamoros, Albert Luque ou Manuel Rivas
  • Cita o nome de catro personaxes de series de debuxos animados
  • ¿ En que provincia española está a Catedral de Santiago ?
Debatindo as respostas
Preparados para saír
 

Tres momentos da "investigación".

Os grupos preparan as respostas
Volve ao índice do seminario
Volve ao índice do seminario

Volve ao índice dos xogos

Vai aos xogos