O misterio da Cubela
Interrogación

Facemos grupos de 4-5 alumnos / as e, a cada grupo, recibirá un folio con fotografías das árbores do parque. Cada grupo tratará de localizar a árbore da fotografía e alí atopará unha proba para facer (a proba estará escondida nun cartucho fotográfico e cada grupo copiará a proba nun folio e volverá a deixar todo como estaba e no seu sitio). Cando a proba se realiza ou resposta diante do mestre /a buscarán a seguinte. Cada grupo levará unha orde distinta nas fotografías, a fin de evitar que todos coincidan na mesma proba.

As probas poden ser como as seguintes:

  • Tódolos membros do grupo realizarán un percorrido en zancos marcado polo mestre no parque.
  • Contar o número de contenedores de lixo que hai.
  • Cun papel de periódico facer unha bola e, soplando, facer un oito entre as pernas de cada compañeiro / a do grupo.
  • Multiplicar o número de bancos polo de farolas.
  • O grupo realizará un percorrido marcado cos cordóns das deportivas atados uns a outros.
  • Un dos membros do grupo medirá os pasos que hai desde a fonte ata o banco máis cercano e, co resultado multiplicado polo número de chorros da fonte, escribirá un texto que teña exactamente ese número de palabras acerca do importante que é reciclar.
  • Escribir a matrícula de tres coches que aparezan detrás da árbore da fotografía.
  • Intercambiarse entre eles unha peza de roupa, de xeito que cada un teña unha doutro compañeiro / a.
¿Estará alí?
Busca ben

Na procura das pistas.

¡Mirade ben!

¿No estanque?
¿Estará na fonte?
Seguro que está no banco
Mirade nas ramas baixas
Non queda nada por mirar.
Ata o último recuncho.
Seguro que esá nestas plantas
¿Hai algunha ?
Volve ao índice do seminario
Volve ao seminario

Volve ao índice dos xogos

Volve aos xogos