Aproveitando a celebración do Día das
Letras Galegas, e que neste centro hai unha mostra etnográfica
permanente (www.edu.aytolacoruna.es/centros/sfxabier/mostra.htm)
e que as columnas da pranta baixa están pintadas con rostros
de persoas ás que se lles adicou algún ano o Día
das Letras Galegas, imos facer un xogo na entrada do colexio que serve
de conexión entre esta celebración e o propósito
do noso xogo, que é a iniciación á orientación.
Nos agrupamos en grupos de 4 - 5 alumnos / as; cada grupo recibe, en
diferente orde, folios nos que aparecen fotos de obxectos ou persoas
localizadas na entrada do colexio. Teñen que tratar de atopar
cada foto e marcala no plano que tamén se lles entrega, anotando
no espacio en branco o nome do obxecto ou personaxe que aparece. Para
evita que estean todos no mesmo sitio, o orde de entrega dos folios
variará para cada grupo.