Puzzle das árbores deportivas
Peza do puzzle

Na zona de xardín do centro os alumnos / as, divididos en grupos de 4 ou 5, tratarán de atopar as pezas dun puzzle que conterá a foto dunha das árbores dos xardíns do colexio. Mediante diferentes pistas referentes a características das árbores, que xa coñecen polo traballo realizado na páxina web do centro (http://www.edu.aytolacoruna.es/centros/sfxabier/nosas_arbores.htm) e das que levan anotacións acerca das diferentes árbores, tratarán de atopar os pedazos de puzzle que estarán escondidos en cartuchos de carrete fotográfico; en cada cartucho haberá varios pedazos da mesma peza, para que cada grupo (como se lles indicará na explicación do xogo, colla un só ) e, unha vez rematada a búsqueda, compoñelo e tratar de averiguar pola foto, e coa axuda da páxina web, cal é a árbore que aparece. As pistas irán nun folio que se lle dará a cada grupo en diferente orde, para evitar que coincidan tódolos grupos no mesmo lugar.
Pezas do puzzle
Un dos plátanos do Colexio
As pistas poden ser como as seguintes:

Busca a árbore con froito que ten forma redondeada e vai recuberto dunha capa de espiñas punzantes e alí atoparás unha das pezas do puzzle

Os chineses crián que o consumo das sementes desta árbore daba a lonxevidade. E aquí, antes de que te fagas vello e saibas se é certo ou non, busca outra peza do puzzle.

Para atopar a seguinte peza do puzzle terás que poñer en marcha o teu sentido do olfato, posto que as follas desta árbore son perennes e teñen unhas células cargadas de aceite que lle dan un olor moi particular.

O noso seguinte invitado ten unha madeira moi lixeira e é utilizada para embalaxes e pasta de celulosa; así que, busca na embalaxe que hai nesta árbore a seguinte peza.

Da corteza desta árbore sacamos o elemento esencial na elaboración da aspirina. Evita dores de cabeza e atopa, o máis axiña posible, a outra peza.

A fruta desta árbore é fácil de pelar e ten un zume moi aromático e dóce. A peza que falta para completar o puzzle está moi preto.

Observando as árbores
Outro grupo
Distintos momentos na busca das pezas.
Peza do puzzle
¿Será aquí?
Buscando
Volve ao índice do seminario
Volve ao índice do seminario

Volve ao índice dos xogos

Vai aos xogos