Quen somos

Título do seminario permanente:

" AS ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL. O APROVEITAMENTO DO CONTORNO. SESIÓNS DE INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN: DA AULA AO BARRIO ".

Sede do Seminario permanente:

Centro C.E.I.P. San Francisco Xabier
Enderezo Ronda de Outeiro 72
Localidade A Coruña Código postal 15009
Concello A Coruña Teléfono 981 290 635

Coordinador:

LAMIÑO CANEDO, ÓSCAR - C.E.I.P. San Francisco Xabier (A Coruña)

Compoñentes do seminario permanente:

LAMIÑO CANEDO, ÓSCAR - C.E.I.P. San Francisco Xabier ( A Coruña )
LÓPEZ GABÍN, RAQUEL - C.E.I.P. Alborada ( A Coruña )
LORENZO GARCÍA, Mª BEATRIZ - C.E.I.P. San Vicenzo ( Vimianzo )
VÁZQUEZ RIVAS, MIGUEL - C.E.I.P. Fogar ( Carballo )

Obxectivos de formación para o profesorado participante.

Todos os contidos e materiais que se pretenden desenvolver neste seminario pretenden, por unha banda, o fomento do sentido lúdico na orientación e o desenrolo de aprendizaxes significativos ( aspectos referidos ó alumnado ) e, tamén, unha serie de obxectivos para os mestres / as que participamos, como poden ser, entre outros, os seguintes:

  • Tomar conciencia do entorno próximo como un medio moi importante para o noso traballo como mestres / as de E. Física, é dicir, " recuperar " o noso entorno para a educación.
  • Desenvolver materiais de traballo que posibiliten e favorezan unha educación un pouco máis dinámica.
  • Proporcionar actividades interdisciplinares ( os xogos de orientación, pistas, etc., poden incluir calquera tipo de actividade doutra área ).
  • Favorecer a relación multidisciplinar ( evidente na área de Coñecemento do Medio Social e Natural con topoloxía básica; coñecemento de animais, vexetais, costumes, etc.; coidado do entorno, ... ).
  • Concienciarnos das posibilidades que nos ofrece o entorno, así coma dos problemas que pode padecer polo uso inadecuado do mesmo.
  • Tratar de formarnos como cidadáns conscientes, críticos e constructivos, que tratan de integrarse no entorno de xeito perceptivo e a través da reflexión, posibilitando así que o poidamos transmitir ós nosos alumnos / as

Metodoloxía, contidos básicos, procedementos de traballo.


A nivel global a metodoloxía a empregar intentará ser o máis constructiva posible, para procurar achegarse á realidade dos nenos / as e ás súas diferencias individuais, tentando que interpreten as ensinanzas e que a través das actividades planificadas superen as súas limitacións.

Polo tanto, a metodoloxía terá as seguintes características:

  • Activa e participativa por parte do alumno / a tanto no deseño coma no desenrolo das sesións. Se debe procurar ir restándolle protagonismo ós métodos tradicionais de mando directo, pois aínda que se poden considerar moi válidos cando desexamos acadar un mellor rendemento físico ou o desenvolvemento das habilidades motrices complexas, vainos ir en contra de outros aspectos que é desexable que os nenos / as desenvolvan como a iniciativa, a responsabilidade, o desenrolo intelectual, etc., que son parte fundamental da persoa que se desexa que saia da escola.
  • Creativa. É quizais un dos aspectos que menos se tocaba ata agora. Polo tanto, é necesario e importante desenvolver a creatividade dos alumnos / as, e non se debe abusar dos estereotipos aínda a costa de perder un certo grado de eficacia motora.
  • Lúdica e integradora. A área de Educación Física conta coa avantaxe da especial predilección que os alumnos / as teñen por ela, polo que é fundamental aproveitala cara a acadar unha relación o máis completa posible entre todos os alumnos / as.
  • Flexible. Debe axustarse a cada alumno / a. Nos plantexamentos que farei de cada sesión, se marcarán os obxectivos, pero o xeito de logralos está en función das capacidades, intereses, motivacións, etc., dos alumnos / as e, polo tanto, admitirase calquera tipo de resposta que irá sendo mellorada ao longo do período educativo, de acordo coas mencionadas capacidades.

A metodoloxía, por todo isto, nas sesións é globalizadora, participativa e lúdica, e fomenta nos nenos / as a exploración, o descubrimento, a creatividade e, sobre todo, a valoración das propias posibilidades; e todo isto, a través do xogo, que promoverá estas características.
Segundo os obxectivos que se pretendan acadar utilizaranse calquera dos métodos seguintes:

  • Conducido, que favorece e potencia a máxima intervención do mestre / a utilizando a repetición e a demostración, cun estilo de aprendizaxe de mando directo.
  • Semiconducido, no que a intervención do mestre / a é media; é unha aprendizaxe polo descubrimento guiado.
  • Non conducido, con mínima intervención do mestre / a; é unha aprendizaxe mediante a busca, cunha grande importancia da creatividade do neno / a.


    Mediante os métodos semiconducido e non conducido foméntase a iniciativa persoal do neno / a, a súa creatividade, autonomía e desenvolvemento afectivo - social co resto dos compañeiros / as, aprendendo a valorar a importancia do outro/a no proceso de ensino / aprendizaxe.

    Tanto o método coma o estilo de aprendizaxe están en función do que se pretende conseguir; polo tanto, primeiro hai que ver o que se pretende e logo utilizar o método máis axeitado para conseguilo. De todos xeitos, os materiais que imos a crear tratarán de fomentar a súa autonomía, o traballo en grupo, etc., polo que os métodos semiconducido e non conducido serán os que terán prioridade.

    Por último, coma en todo o proceso de ensino - aprendizaxe, calquera método utilizado debe respectar dúas condicións básicas:
  • Os procesos individuais de aprendizaxe.
  • A incidencia nos procesos cognitivos e afectivos de todo tipo de aprendizaxes.

Criterios de autoavaliación das sesións, dos materiais empregados, do proxecto en xeral, etc.


Este seminario pretende elaborar un modesto proxecto de actividades relacionadas, entre outros aspectos, coa orientación, o coñecemento e disfrute do entorno próximo, a cooperación e a participación. Polo tanto, tanto no proceso de elaboración coma no de revisión posterior á realización, trataremos de ter en conta unha serie de criterios que se reflexan a continuación:

  • Comprobar se a realización da actividade busca alcanzar novas experiencias disfrutando, por encima de alcanzar un nivel táctico ou técnico.
  • Ver se a actividade é o suficientemente motivadora para movilizar ó grupo.
  • A realización da actividade, ¿ implica aprendizaxe / coñecemento ?.
  • Favorecer e orientar a actividade hacia o disfrute máis que ao esforzo físico.
  • ¿ Que novos elementos empregamos no pavillón e patio con esta actividade ?. ¿ E se facemos unha saída ós arredores ?.
  • ¿ Promovemos unha aprendizaxe que favoreza o descubrimento ?. ¿ Usamos propostas lúdicas e creativas para isto ?.
  • Nivel de adaptación das actividades propostas ó espacio seleccionados, á idade e ó nivel do alumnado.
  • As actividades propostas, ¿ son realmente integradoras ?.
  • Favorecer a participación e o traballo de grupo sobre a competición.
  • ¿ A actividade favorece a autonomía do neno / a ?. Trataremos de que nas actividades non recurran, ou o fagan o menos posible, ó mestre / a.
Volve ao índice do seminario
Volve ao índice