![]() |
Ó longo das últimas décadas, e en especial desde a LOXSE,
a sociedade experimentou importantes cambios na forma de entender a Educación
Física e a súa contribución na formación dos cidadáns.
Na actualidade, a nosa área é demandada como unha necesidade do
ser humano, que colabora xunto coas demáis áreas para conquerir
o desenvolvemento global e armónico dos individuos, o que representa
unha das finalidades da educación.
É, polo tanto, esencial prestar atención ás capacidades
que, relacionadas co corpo e a súa actividade motriz, contribúen
ao equilibrio persoal, á posibilidade de interrelación cos demáis
e á utilización creativa do tempo de lecer, contribuindo tamén
á conservación e mellora da saúde e a calidade de vida.
A Educación Física é o fío conductor que posibilita
o desenvolvemento das aptitudes e capacidades físico, psíquico
e sociomotrices do alumnado. O noso corpo é o vínculo de relación
con entorno que nos rodea e con resto das persoas coas que convivimos. Unha
actividade física adecuada permitirá un desenrolo completo e armónico
do noso corpo.
Por todo esto, a relación co entorno e os demáis, fundamentalmente
a través do xogo, son pilares básicos da nosa actividade docente.
O xogo non é posible sen un espacio no que desenrolarse e os individuos
precisan de aprendizaxes prácticos e reais, é dicir, " aprendizaxes
significativos ". Ademáis, os centros e a nosa área en particular
necesitan actividades en conexión co entorno.
Por outra banda, no D.O.G. do 14 de Agosto
de 1992 aparece publicado o Decreto da Consellería de Educación
e O.U. polo que se establece o CURRÍCULO DA EDUCACIÓN PRIMARIA
NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. Este decreto debe servir como marco
de referencia para un desenrolo real e práctico das diferentes áreas
que componen os niveis educativos na E. Primaria, xa que contén os principios
esenciais da proposta educativa e determinan obxectivos xerais, contidos e criterios
de avaliación. Aínda así, o currículo é aberto
e flexible e debe tratar de adaptarse á realidade do entorno cultural
e socioeconómico do centro escolar no que se traballa, así como
a diversidade de capacidades, intereses e motivacións dos alumnos / as.
De todos xeitos, o traballo no entorno próximo tamén é
recollido nos obxectivos xerais da E. Primaria, especialmente en tres dos seus
apartados:
Polo tanto, este seminario pretende a elaboración
e posta en práctica, na medida do posible, de diferentes sesións
que desenrolen o descobremento do entorno máis próximo a través
de actividades e xogos relacionados coa orientación ( partindo sucesivamente
da aula - pavillón, colexio, ata as zonas máis próximas
ao centro ) que permitan ao alumno / a familiarizarse con seu entorno próximo
( centro de estudios e barrio ) dun xeito lúdico e, ao mesmo tempo, favorecer
o seu aprendizaxe a tódolos niveis: físico, motriz, ...
As sesións estarán orientadas e serán postas en práctica
polos alumnos / as do 2º nivel do 2º ciclo de E. Primaria nos dous
centros de A Coruña ( por seren os alumnos / as de máis idade
cos que coincidimos os dous mestres destes centros ). Polo tanto, ademáis
dos obxectivos xerais de etapa e do que se reflicte no párrafo anterior,
tamén promocionamos os seguintes obxectivos xerais da nosa área
correspondentes a este ciclo:
Ademáis, tamén ten unha relación moi importante cos bloques de contidos da nosa área, especialmente en dous casos:
" SAÚDE CORPORAL ".
Practicar as distintas normas, rutinas e actividades no coidado do propio corpo
(xeral de ciclo ).
2º NIVEL:
Fomentar a postura correcta en posicións básicas.
Practicar os hábitos de coidado do corpo e as normas de alimentación
básicas.
" OS XOGOS ".
Desenvolver o valor lúdico do xogo e o seu aproveitamento no desenvolvemento
das destrezas e habilidades de ciclo. Participar con agrado en calquera actividade
física independentemente da súa capacidade ( xeral de ciclo ).
2º NIVEL:
Aproveitar o xogo para o desenvolvemento das habilidades e destrezas básicas.
Coñecer estratexias básicas de cooperación, oposición
e cooperación / oposición.
Valorar as posibilidades de equipo e da participación de cada un dos
seus membros con independencia dos resultados obtidos.
|
Volve ao índice da páxina
|