Luis Seoane 1910 - 1979

Nace en Bos Aires en 1910. Fillo de emigrantes galegos. Coñece Galicia ós seis anos e comenza os estudios.

Ten moita facilidade para o debuxo, escribe e amosa un claro apoio ó galeguismo militante. Estudia Dereito en Santiago e fai a súa primeira exposición. Debuxa carteis para formacións progresistas de estudiantes.

Aínda que exerce como avogado, adícase máis á cultura. Milita no Partido Galeguista.

Recibe amenazas e ten que deixar Galicia. Emigra a Bos Aires. Alí escribe para "Critica", "El Diario" e dirixe a revista "Galicia". Ilustra libros para a Editorial Losada.

Da a coñecer diversas coleccións de libros galegos e ten un intenso labor social no Centro Galego de Buenos Aires.

Publica La soldadera, El toro jubilo, O meco. Segue a facer ilustracións, grabados e murais. Fai escenografías para diversas obras teatrais. En 1963 funda, con Isaac Díaz Pardo, o Laboratorio de Formas de Galicia.

Morre na cidade da Coruña no ano 1979.