Simulacro de incendio

O día 14 de marzo tivemos un simulacro de incendio no colexio. É preciso que se faga cunha certa regularidade para asegurar que todas as persoas saiban o que hai que facer no caso de ter unha emerxencia.

Acudiron os bombeiros, protección civil e a cruz vermella. Imos poñer aquí unhas fotografías feitas ese día e que foron facilitadas por Don Federico de la Fuente.

Este foi un día moi especial, no que todos cumpriron rigurosamente as normas dadas. ¡Noraboa a tódolos participantes!
E agora preme no coche dos bombeiros para volver ó índice