Solidariedade co traballo da muller

Recollemos aquí a visión de Beatriz Estevez de 6ºB sobre o acto celebrado, no Colexio, o día da visita dunha delegación da ONG Intermón. Esta ONG está a traballar este ano, especialmente, na situación da muller no mundo. O informe "Más por menos" recolle a situación de explotación e precariedade na que se atopan a maior parte das mulleres que traballan no hemisferio Sur.

"O día 24 do mes de marzo, unha muller chamada Shanaz viaxou desde Bangladesh ata o Colexio San Francisco Xabier para explicar, ós alumnos e alumnas de 6º, como é a vida e a situación laboral no seu país.
A pesares de falar en inglés, unha persoa fixo a traducción para que nenos e nenas poideran entender todo o que dicía. Mentres, ían proxectando nunha pantalla as esceas máis representativas do traballo nunha fábrica téxtil. Aínda que na actualidade existen moitas ONGs que axudan a que mulleres destes países teñan os mesmos dereitos cos homes, un salario digno e un horario de traballo xusto... moitas persoas seguen a ser explotadas. Intermón Oxfam fai todo o que pode para rematar con esta situación."


Unha mirada ó mundo
Durante a proxección
Debuxando a tea
Shanaz explicando a súa falou do traballo da muller no seu país

Varios momentos do encontro: charla, proxección, explicación do problema experiencia persoal e debuxo das mensaxes para levar ó foro.

O traballo avanza e as teas van mostrando as ideas que eles queren recalcar: condicións dignas, salario xusto, igualdade...

A pancarta rematada
Moitas frases reclamando a dignidade no traballo

Volta ó inicio