Antón Avilés de Taramancos

(1935-1992)

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na vila noiesa de Taramancos e dela tomou o nome. Era o máis vello de catro irmáns, e a súa nai e avoa foron as súas refencias na vida. Estudiou na academia Balmes de Noia, no instituto Xelmirez de Santiago e na escola de Náutica de A Coruña.

Foi nesta cidade onde recoñece a vocación pola poesía e onde inicia a súa andaina con As moradías do vento e A frauta e o garamelo.

Na Coruña coñece a persoeiros como Álvaro Cunqueiro, Urbano Lugrís, Uxío Carré...

No ano 1961 emigra a Colombia, onde desempeña moitos e dispares oficios, campesiño, cazador de tigres, domador de cabalos, churreiro, contrabandista, xornalista, editor...

Volta a súa terra no ano 1980 e convértese en taberneiro en Noia.

As súas obras poéticas: O tempo no espello (algúns dos poemas foran escritos antes da súa marcha a América, outros xurdiron na emigración. Cantos Caucanos escritos desde a saudade, As torres no ar son o froito da "patria recuperada" (cantos a carón da terra, elexías do mar, a torre secreta...).

A nova crónica das Indias é a única obra narrativa escrita no ano 1992, o ano da súa morte. O decir do escritor, "as persoaxes dun xeito ou doutro cruzáronse na miña vida". Da conta da influencia dos escritores colombianos, venezolanos, peruanos e brasileiros na súa obra.

Última fuxida a Harar é o seu derradeiro libro de poemas, está a espera da morte.

A súa obra adoita inscribirse na Xeración galega de Poetas dos 50 ou das Festas Minervais e da súa poesía din que é de "exuberante natureza tropical". A pesares da súa autodefinición como "un campesiño autodidacta" foi presidente da Asociación de Escritores en Língua Galega e concelleiro de cultura de Noia, polo BNG.Imos buscar máis información

E agora a pescudar na rede para saberes moito máis.