Os oficios: Tecedeiras

debandoira

 

Debandoira: aparello xiratorio no que se coloca a madeixa para debandala.

 

espadela

 

Espadela: é unha ferramenta que se asemella a un machete de carniceiro. Serve para espadela-lo liño.

 

fuso e roca

 

Fuso: peza de madeira de forma cónica. O vértice pode ser de madeira ou de ferro. Serve para fiar retorcendo a fibra

Roca: vara delgada que envolve nun extremo a fibra ou porción de liño para fiar.

 

rastrelo

 

Rastrelo: Obxecto de madeira que remata nun cadrado de pugas de ferro. É o peite para rastrelar ou estira-las fibras do liño.