Naceu o 18 de marzo de 1991 en Cuntis (Pontevedra). Os pais tiñan un bo nivel cultural, a nai era mestra e o pai tiña rematados os estudios eclesiásticos.
Marchou a Cuba en 1907 e exerceu de xornalista. Dirixiu o semanario La Alborada (da colonia galega en Cuba). Promoveu outro xornal La Tierra Gallega.
Voltou a Galicia en 1916 e colaborou en varios xornais como El Correo Gallego, El Faro de Vigo ou El Sol, de Madrid.
As súas publicacións foron progresivamenteacadando un maior compromiso, sempre agudas e combativas. Colaborou en Galicia Nueva, de Villagarcía, en castelán, en A Nosa Terra, en galego. Varios semanarios difundiron os seus puntos de vista e Basilio Álvarez levouno a La Zarpa, en Ourense, como director ata a Dictadura. Tamén foi xefe de redacción de El Pueblo Gallego, de Vigo. Durante a República dirixiu El País, de Pontevedra.
Foise consolidando como fervente nacionalista co obxectivo de loitar pola consecución dun réxime de autonomía para Galicia. Tamén o fixo dende a Asociación de Escritores Galegos na que estaban Castelao, Otero Pedrayo ...
Promovido por Casares Quiroga, en 1932, estivo de gobernador civil de Palencia. Voltou a Galicia e os seus artigos continuaron na mesma liña crítica cara a xestión do goberno.
Produciuse o levantamento militar estando en A Peroxa (Ourense) onde foi detido e conducido a prisión. Atopárono morto nun foxo con dúas balas na cabeza.
Publicou unha colección
de versos titulada "Orballo da media noite" en 1929. En 1930, "De
esto y de lo otro", unha recopilación de artigos en castelán
e ensaios sobre o conformismo dos galegos ou rexeitando o caciquismo.![]()