Tradición
Cesto tradicional

Son moitos os ditos, refráns, adiviñas, cantigas que teñen ós cesteiros coma protagonistas.

Este dito aínda que fala de cestos non reflicte o pensamento dun cesteiro senon que é atribuido a un xuiz.


Sábese que os cesteiros tiñan unha fala propia e semellante á dos canteiros.

Coñécese que en moitos lugares a chegada do cesteiro ía precedida polo berro de: -"Compón cestas"- a lo que respondían os rapaces -"tamén burros e bestas"-

"Dúas mulleres e unha cesta, fan unha feira".

"Unha vella e un cesto, e o conto acabóuse nesto".

Tamén adiviñas coma estas:

"Teño, teño entre as pernas un enxeño,

dele como, dele bebo e dele pago a quen debo". (O cesteiro)

"As facadas me apartarán do que me estaba criando;

á roda de min bailando, me tornarán a xuntar,

para levar e tracer, para tracer e guardar". (O vime e o cesto)


Volta ó ínicio

Volta ó inicio