A vela na escola
Barco de vela
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral para o Deporte e con motivo da Volvo Ocean Race do ano 2005, promove para os escolares de Galicia o programa "A vela na escola", consistente na realización de diversas actividades relacionadas coa actividade da vela, a realizar nas seguintes fases:

  • Fase I: "¿Coñeces a vela?". Para unha primeira toma de contacto coas embarcacións e a navegación a vela. Houbo dúas partes: unha teórica, coa traída dunha embarcación (Optimist) ó noso centro, para explicar e familiarizarse cos seus elementos, realizouse o 17 de febreiro; e outra práctica, con dúas sesións prácticas de navegación en barcos do tipo "Raquero" do Clube Naútico da nosa cidade, realizada os días 8 e 11 de marzo.
Escoitando a explicación
Outro momento da explicación
O alumnado escoita atentamente as explicacións.

Unha vista de todo o grupo que participou na primeira fase.

Un precioso día acompañou á experiencia
Unha vista da 'tripulación'

Distintos momentos do:

"BAUTISMO DE MAR"

A primeira saída ó mar
A saída
Moi satisfeitos coa experiencia
Unha vista da chegada ó peirao
Vestindo as roupas axeitadas
A chegada e preparación vestindo a roupa axeitada
Navegando pola baía de A Coruña
Un momento da navegación
Navegando pola bahía

  • Fase II: "Semanas azuis". O alumnado participou no concurso de pintura e redacción sobre o tema "NaveGa. Galicia 2005: saída Volta ó Mundo a Vela 2005-06".
    Quedou finalista unha das alumnas do centro, Laura Santaolalla e como premio o alumnado participante no "Bautismo de mar" asistiu a un curso de vela e de educación ambiental dende o luns 28 de marzo, ata o venres, 1 de abril, no albergue "Marina Española-Gandarío" de Sada.

Chegada
A recepción
A chegada ó albergue

Unha visita ó pañol de embarcacións

O pañol das embarcacións
Preparados para a saída
Camino da praia

Equipados coa roupa de augas axeitada marchan cara á praia


Os primeiros días o alumnado saíron a navegar nas embarcacións grandes (tipo "Omega") en grupos.

Primeiras experiencias cos barcos grandes
Botando o "Omega"
Dous grupos nos respectivas embarcacións
No barco grande
Outro grupo
Dous grupos nas respectivas embarcacións

A partires do terceiro día, íanse incorporando ás embarcacións individuais (tipo "Optimist") na medida que tiñan maior soltura e confianza.

Preparados para embarcar nos "Optimist"

Botando o "Optimist"
Escoitando as explicacións
Unha formación de "Optimist"
Unha curiosa formación

A actividade foi valorada moi positivamente, tanto polo alumnado como polos profesores acompañantes e os monitores que a levaron a cabo.
Foi unha semana na que, ademáis da actividade naútica, compre salientar os aspectos de autonomía, independencia e convivencia ós que o alumnado fixo fronte dun xeito moi positivo e que consideramos moi importantes para a súa formación.
No comedor
Despedida do grupo
Volve ó inicio
Volve ó inicio