Antón Vilar Ponte 1881 -1936

A importancia de Antón Vilar Ponte na nosa literatura venlle dada polo seu labor periodístico e político en favor da cultura e a lingua galega, máis que pola súa producción literaria, en canto a poesía ou narrativa se refire.

Naceu en Viveiro. Estudiou Farmacia en Santiago, profesión que desenvolveu ata que puido adicarse exclusivamente ó periodismo.

Sendo boticario en Foz, xa colaborou co xornal "Guau Guau" publicación de corte anticaciquil.

Adicado ó periodismo viviu durante algún tempo en Madrid e na Habana, onde dirixe algunhas publicacións vinculadas á colonia galega.

Ó voltar establécese en A Coruña e promove a creación das Irmandades da Fala, movemento cultural-político de carácter nacionalista, que loitará por acadar unha autonomía integral para Galicia, para logo facer unha federación de pobos da Península Ibérica. Dirixe o seu semanario "A Nosa Terra".

Foi elexido deputado ás Cortes da República como membro de ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) posteriormente integrouse no Partido Galeguista sendo elexido, de novo, deputado en 1936.

Vilar Ponte profesa un liberalismo democrático avanzado, é dicir, é partidario do sufraxio universal, a plenitude de dereitos políticos para a muller e a maior amplitude de libertades nos dereitos de asociación, expresión e folga.

É autor de numerosos escritos de propaganda nacionalista, en forma de discursos, conferencias e artigos de prensa que é o máis relevante da súa producción literaria.