Voz Natura 2006

Coa finalidade de facer máis agradable o espazo adicado ao recreo do alumnado de E. Infantil e Primaria, foron plantadas diferentes especies vexetais (hedera, cotoneaster, pieris...) ao pé das árbores que xa existen nesta zona.

Alumnado de infantil, coa súa titora, preparando a terra para posteriormente plantar.
Preparando a terra
Traballando con moita seriedade

Aprendendo
Xa está
A mestra aprende aos nenos/nenas a plantar. Unha nena coloca o "cepellón" na terra.

Os mestres axudan aos seus alumnos a prepara-lo buraco. Estes amósanse moi interesados.
¿E agora?
Máis instruccións

Preme así
¡Por fin regamos!
Finalmente o que máis lles gusta é regar e saben facelo moi ben.

Nenos e nenas do 1º Ciclo labran o seu anaquiño de terreo.
Preparando a terra arredor da planta
Botando terra

Máis terra
Levando a terra en saquiños para engadila ás xardineiras.

Os maiores tamén plantan con moito entusiasmo.
Arranxos finais

Agora as hedras

Poñen as hedras preto do valado para que no futuro poidan rubir por el. Despois de plantar prémese a terra arredor. Xa non queda máis que regar.

Así rematan o labor de plantar.

 


Estes nenos serán os encargados de coida-las plantas ao longo do curso.

O alumnado de 6º de Primaria arrinca as malas herbas do xardín que foi plantado nos cursos anteriores dentro do proxecto Voz Natura.
Arrincando as malas herbas

Colocando os letreiros caidos
Rapaces de 4º de Primaria colocan, de novo, algún dos letreiros identificativos das diferentes árbores que se atopan no xardín da entrada do Colexio.

Alumnado de 6º, 4º e 3º de Primaria sementaron caléndulas e distintas especies de árbores en pequenas macetas, á espera de poder trasplanta-las ás novas xardineiras que se van construir o fondo do patio.

Preme na casiña para volver ao índice