Ilex aquifolium L.
![]() |
O nome latino desta árbore lembra que ten follas
agudas. Está moi ligada ó tempo navideño. Son moitos
os países europeos nos que a víspera de Nadal penduran
ramiñas de acivro nas casas coa esperanza de alonxar os malos
espíritos.
É orixinaria do oeste asiático e sur de Europa. É unha árbore de folla perenne e non moi grande. Moitas veces ten un porte de arbusto. Os acivros da Cubela son pequenos e están situados baixo árbores moito máis grandes, piñeiros e cerdeiras. Sospeitamos que son exemplares masculinos porque non teñen os característicos froitos. |
|
As follas son moi diferentes segundo sexan xoves ou
adultas. Hainas co bordo con espiñas e tamén completamente
lisas. As flores son moi pequenas e brancas. Os froitos, baias vermellas,
son tóxicas.
|
![]() |
![]() |
![]() |
É unha árbore moi vistosa e adorna calquera
xardín. Entre as variedades hai algunhas con bordos brancos,
a "argentea marginata" e tamén unha con moitas espiñas
a "ferox".
Agora está protexida porque a sua apariencia e posibles efectos benéficos, case acabaron con ela. |
|
Volve ó xardín
da Cubela
|