|
Este "engado dos ollos",
"ledicia dos ouvidos", "arrolador do esprito" e
"símbolo do señorío espiritual de Galiza"...
nas verbas de Castelao..., é moitas veces un descoñecido
entre nós.
Queremos que o alumnado que visite esta páxina saiba un pouquiño máis das árbores que vai atopar moi preto do Colexio, nos xardíns e parques da cidade. Pensamos que do coñecemento da súa benéfica influencia, nacerá un maior respecto e aprecio polos espacios verdes. |
|
Unha árbore é un ser vivo, vexetal,
cun tronco leñoso e ramificado, con follas, segundo a estación
na que se atope, e raices máis ou menos longas en relación
coa parte aerea da árbore. Nunha primeira clasificación das árbores poderiamos distinguir dous grandes grupos: coníferas e planifolios. A maior parte das coníferas non perden as follas no inverno, son perennifolias. Estas follas poden ter distintas formas: estreitas e con forma de agulla, ou de escama. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
As coníferas que nós imos atopar nas
actividades nos xardíns van ser maioritariamente: piñeiros,
alciprestes, cedros, abetos, thuyas... Moitos delas recoñecerémolas
axiña, outras non será tan doado porque pertencen a variedades
de xardinería e son resultado das hibridacións e podas
que poden cambiar as formas que nós coñecemos coma propias
da árbore.
|
|
Os planifolios poden ser de folla perenne ou
caduca. As follas poden ser compostas ou simples. Entre
as simples están as dentadas, enteiras, lobulalas... segundo
teñan os bordos.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Nos xardíns próximos ó colexio
atoparemos oliveiras, bidueiros, pradairos, arces, plátanos,
cerdeiras, castiñeiros de Indias, moreiras... xunto con outras,
que procedentes de ecosistemas alleos, desenvólvense moi ben
nas nosas condicións ambientais.
|
|
A nosa intención é que poidades recoñecer
as árbores máis comúns, as que ides atopar cando
vaiades xogar. De seguido imos poñer os plans do xardín
de A Cubela e do Parque Europa, coas súas árbores. Imos
atopar tamén moitos arbustos, algúns das mesmas familias
cas árbores pero estes van ser obxecto de futuros traballos.
|
|
Preme
na árbore e vai ó Parque Europa
|
Preme na árbore e vai ó xardín da Cubela |
|
Volve ó índice
|