
Betula alba, Betula pendula, Betula verrucosa
|
O bidueiro é unha das árbores máis
antigas sobre a terra, é moi pouco esixente e medra ben nos terreos
pobres, ácedos, moi húmidos e frios. É orixinaria
do norte de Europa e Asia pero é capaz de colonizar os lugares
máis inhóspitos.
Para moitos pobos europeos o bidueiro é unha árbore sagrada que simboliza o sol pero tamén a lúa pola cor da súa cortiza. É tamén a árbore da sabedoría e a iluminación. Nos países escandinavos o nacemento das follas indicaba o momento de sementa-lo trigo. Para os chamáns, tanto da Siberia como dos pobos americáns, era o garda da porta da sabedoría. Para os celtas simbolizaba o ano novo. Era a primeira letra do alfabeto druídico ogham. |
![]() |
![]() |
En moitos lugares do norte de Europa as ramas do bidueiro eran utilizadas
para facer saír os malos espíritus dos criminais. Tamén
para alonxar as malas influencias e disgracias era polo que estaba
presente nos berces dos nenos. |
|
As follas teñen unha forma triangular con pecíolos
moi longos. Son moi delgadas, lixeiras e dentadas. Face verde escuro
brillante, máis claro no envés. Tornan a cor amarela no
outono. Os brotes son moi finos e verrugosos.
A cortiza do bidueiro ten propiedades diuréticas, tónicas e antisépticas, polo que é moi recomendada para enfermidades da pel, reuma, gota. Tamén pode calmar as dores musculares. |
![]() |
![]() |
![]() |
As flores masculinas son amentos longos de cor parda
que vira o amarelo. As femininas son verdes, os amentos son máis
curtos e viran ó amarelo cando maduran. Os froitos forman unha
infrutescencia e desfanse con moita facilidade ó madurar.
A madeira foi moi utilizada para fabricar moveis, xoguetes e zocos. Tamén as follas servían de alimento ós rebaños. Entre os nativos americáns era costume facer as canoas desta madeira. Nos países do norte europeo a savia era usada no lugar do azucre. |
|
Volve ó xardín
da Cubela
|
Volve ó Parque
Europa
|