
Cedrus atlantica
|
É orixinaria da cordilleira do Atlas, no norte
de África. O cedro é símbolo da inmortalidade,
da grandeza e da forza. |
![]() |
![]() |
Esta árbore perennifolia, non perde as follas no inverno,
polo que conserva o seu verdor. Hai variedades "glaucas"
de cor azul agrisado. |
|
Os cedros teñen conos masculinos dunha cor
amarela e forma cilíndrica. Os conos femininos teñen escamas
moi amplas con ápice plano. Madura ós dous, tres anos
e abre antes de caer ó chan. O aceite que se extrae desta árbore
é utilizado para alivio das afeccións respiratorias, para
inhalacións. Tamén para baños, aceites e masaxes
polos efectos relaxantes. Ten propiedades moi efectivas sobre ezcemas,
é astrinxente, antiséptico e tranquilizante.
|
![]() |
![]() |
No xardín da Cubela podemos ver un exemplar
do cedro do Himalaya, cedrus deodara, ademais dos dous cedrus
atlantica da variedade pendula, pero os máis espectaculares
son os do parque Europa. Alí, con moito espacio para crecer,
vemos este inmenso e maxestuoso exemplar. As ramiñas penduran
das ramas principais, as acículas son máis longas e brandas
e as piñas teñen o ápice arredondado ou apuntado.
Pode vivir moitos anos, ata 900 no seu habitat natural, e soporta as vida nas alturas de ata 4000 metros. |
|
Volve ó xardín
da Cubela
|