Prunus cerasifera "Pissardii"
|
O nome latino lembra que é da familia da cerdeira
aínda que o seu valor sexa ornamental. É orixinaria do
Oeste de Asia. Se damos creto a lendas e supersticións eslavas
esta árbore é bastante mal considerada. Os demos xermanos
aparecen nas cerdeiras metendo en problemas a quen ousaba tocalos. Con
virutas de cerdeira os eslavos tentaban saber se unha persoa tiña
lombrigas. Arroxábanse á auga, se afunden é proba
da existencia destes seres diabólicos no corpo humano. Os abaneses
queiman ramas de cerdeira as noites consagradas ó novo sol, gardan
as cinzas e fecundan con elas as vides. As veces as ramas de cerdeira
son colocadas nas portas das noivas a noite do 1 de maio. Na campiña
italiana aconséllase non comer cereixas cos ricos.
|
![]() |
![]() |
É una pequena árbore que pode acadar
os 6-7 metros. Copa ampla e arredondada. Folla caduca de cor vermella
cando nace que torna púrpura escura e queda na árbore
ata case a fin do outono. As follas son simples, alternas aovadas ou
elípticas, con bordo aserrado. As ponlas son tamén vermellas.
|
|
As flores son de cor rosada que torna branca ó
abrir. Saen antes que as follas no mes de marzo. Teñen cinco
pétalos e moitos estames. O froito é moi semellante á
cereixa. Os rabiños teñen propiedades diuréticas.
|
![]() |
|
Volve ó xardín
da Cubela
|
Volve ó Parque
Europa
|