Arbutus unedo
|
O nome da arbutus parece indica-lo pouco porte desta árbore,
unedo fai alusión á recomendación de comer un
só froito, xa que non son moi saborosos. |
![]() |
![]() |
É unha árbore que de folla perenne.
Estas son simples, alternas, lanceoladas, coriáceas, dentadas,
verde brillante na face e mate no envés.
As follas e a cortiza son astrinxentes. Tamén son utilizadas as follas contra as infeccións. |
|
As flores son pequenas, blancas cun lixeiro tono roxado
ou verde. Penduran en grupiños nos extremos dos brotes, no outono
ou principios do inverno.
Esta árbore ten un valor ornamental, as flores moi semellantes as do muguet, os froitos moi vistosos, a forma globosa e baixa dunha cor verde intensa, fan que sexa moi adecuada para xardíns e parques. |
![]() |
![]() |
Os froitos son bagas de cor vermella, verrugosas.
As sementes son pardas. Maduran no outono sobre as flores do ano anterior.
Aínda que non teñen un gusto moi apreciado, nos países
do Mediterraneo serven para facer licores e marmeladas.
|
|
Volve ó xardín
da Cubela
|