Chamaecyparis lawsoniana
|
Esta conífera de folla perenne é orixinaria
de América do Norte, máis concretamente de California
e Oregón.
O nome específico ven do grego e quere dicir alcipreste anano, pola semellanza cos alciprestes e o tamaño máis reducido. Lawson foi o primeiro que tivo as sementes no continente Europeo. As diferencias cos alciprestes son: o tipo de ramificación plana nestas árbores e as piñas moi pequenas. Teñen porte cónico coa cortiza pardo-vermella con fendas lonxitudinais. |
![]() |
![]() |
As follas teñen forma de escamas, moi pequenas,
coa face verde escura e o envés máis claro.
A cortiza é pardo-vermella con escamas tamén. As flores masculinas son vermellas e as femininas azuis, nos extremos das follas. O froito é un cono arredondado, semellante ó dos alciprestes pero moito máis pequeno. |
|
Outra visión das flores no momento da transformación. Tamén poden apreciarse as marcas en forma de X que teñen as follas. Este proceso ocorre ó principio da primavera. |
![]() |
![]() |
Nos nosos xardíns hai outras variedades de
Chamaecyparis. Algúnhas como a "Elwoodii" con pequenas
agullas azuis. Outras da variedade "nana" son moito máis
pequenas. As "Stardust" teñen cor dourada... Pero todas
elas engaden cor e vida cando as outras árbores teñen
o seu reposo invernal.
|
|
Volve ó xardín
da Cubela
|
Volve ó Parque
Europa
|