Olea europaea, L.
|
O nome desta árbore procede do latín "oleum", aceite, no que son moi ricos os seus froitos. Europaea, indica a súa procedencia, do sur do continente europeo. Simboliza a paz. Foi tamén símbolo da vida na terra
despois do diluvio. A pomba volveu xunto a Noé cunha ramiña
de oliveira no seu pico. É unha árbore moi lonxeva, pode acadar ata 2000 anos. Non logra moita altura, uns 10 metros. Ten forma globosa cun tronco groso e torto que fende cos anos. As raices son superficiais. |
![]() |
![]() |
Non perde a folla no inverno. Estas son simples, lanceoladas, grosas
e coriáceas. Cunha face verde escura e moi clara no envés.
As flores son moi pequenase brancas. A madeira é moi cotizada pola dureza e resistencia. |
|
O aceite que se extrae dos froitos pódese utilizar,
ademais do consumo, para conservar alimentos (peixes, queixos, embutidos...).
En Galiza é moi pouca a repercusión deste cultivo aínda
que no val do Sil quedan zonas que lembran cando a extracción
do mesmo era unha práctica habitual. Preto de Quiroga consérvase
en bo estado un muíño de aceite que unha vez ó
ano volve funcionar. Isto acontece con motivo da festa do aceite.
|
![]() |
| Volve ó xardín da Cubela |