
Thuja spp.
|
As Thujas orientalis e occidentalis
son moi frecuentes nos nosos parques. Son coníferas de folla
perenne que poden acadar os 20 metros. A copa é estreita e cónica
pero vai ancheando cos anos. Son as típicas árbores ornamentais
tamén nos cemiterios.
Hai tamén moitas variedades pequenas que serven para facer sebes e que toleran moi ben as podas A Thuja orientalis e orixinaria da China, Xapón e Corea. A occidentalis atópase na America do Norte. As Thujas son coñecidas tamén como Árbores da vida, isto era debido a que os nativos americáns e tamén os colonizadores, asociaban as propiedades destas árbores (debidas ó alto contido en vitamina C) coa saúde. Empregábanas contra o escorbuto. |
![]() |
![]() |
A densidade das ramas é moi diferente segundo
as especies. Teñen unha orientación perpendicular. As
follas son escuamiformes e carnosas. De cor verde polos dous lados.
A cortiza pardo-laranxa ten moitas fendas que logo van desprendendo e formando tiras estreitas. |
|
As inflorescencias masculinas da Thuja orientalis
son pequenas, amarelas e terminais. As femininas son ovais con longas
escamas, e ganchudas. Na madurez tornánse de cor parda.
As da Thuja occidentalis son de cor verdosa na madurez. As partes verdes desta árbore teñen, ó frotalas, un cheiro afrutado. A madeira destas árbores é moi utilizada para productos que estean en contacto coa auga, casas, postes valados, barcos... |
![]() |
|
Volve ó xardín
da Cubela
|
Volve ó Parque
Europa
|