Os de 4º representaron o Nadal no noso pobo, no Grove, figuras de plastilina tomando como modelo os propios rapaces: mariscando, recollendo chapapote, xogando no parque.....
Pero antes do Nadal o Advento por eso
os rapaces de 3º prepararon o seu Calendario de Advento con unha proba
para cada día...
Os
rapaces de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos traballaron arreo no seu
nacemento: casiñas de barro, regalos para o neo, tódolas figuriñas....

Como tódolos anos os rapaces do colexio participaron no CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL organizado polo CONCELLO DE O GROVE.
A postal gañadora este ano foi a creada por unha nena do noso colexio: LAURA RUBIROSA
OS REIS
CAMPANIÑA DO LUGAR SOA, ALEGRE, SOA. NON TE CANSES DE SOAR, QUE HOXE É NOITEBOA.
O DÍA QUE XESUS NACEU A TÓDOLOS HOMES SALVOU. CAMPANIÑA DO LUGAR, SOA, ALEGRE, SOA.
¿QUÉ LLE DAREMOS Ó NENO?
¿QUÉ LLE DAREMOS Ó NENO PEQUENO, PARA ALEGRARLLE A CARIÑA Ó RECÉN?
NOCES, CASTAÑAS E DOCES LARANXAS, CON ALOUMIÑOS E BICOS TAMÉN.
TANTARANTÁN, QUE O NADAL ESTÁ PRETO. TANTARANTÁN TOCA FRAUTA E RABEL.
TANTARANTÁN, ADORÉMO-LO NENO, TANTARANTÁN, QUE NACEU EN BELÉN.
