primaria

A BELÉN VINDE PASTORES.

A Belén vinde, pastores,
que alí naceu un meniño,
que estaba aterecendo,
aterecendo de frío.
E o pobriño
chorando está,
e ninguén corre
para o quentar,
só un boiciño co bafexar
quentaba ó neno
sen descansar.

Por entre as silveiras
cantan alegres os paxariños,
anunciando a todos
con grande esplendor
que naceu un neno,
por excelencia
dos máis meniños,
que vén se-lo fillo
do noso Señor.
primaria