ENTROIDO 2004
"Valle-Inclán"
OS RAPACES E RAPAZAS DE CUARTO
A cucaracha da canción non podía camiñar porque lle faltaba a patiña de atrás......
Pero ata o "Valle-Inclán" chegaron os mexicanos mecos de 4º que non so camiñaban, senón que tamén cantaron coma os anxos.

"OS MEXICANOS"
Os mexicanos, os mexicanos
acabamos de chegar
para dicirlles ós profesores,
que queremos xogar máis.

Non queremos máis deberes,
que non nos deixan xogar.
Queremos máis maquiniñas
e os debuxos de Sin Chan.

Os mexicanos, os mexicanos
acabamos de chegar
para dicirlles ós profesores,
que ó fútbol deixen xogar.

Temos que pasar sen fútbol
tódolos martes e xoves.
e o resto da semana
sen poder saír se chove.

 


Os mexicanos, os mexicanos
acabamos de chegar,
para dicirlles ós profesores
que queremos a igualdá.

Gustaríanos saír
pola porta principal,
colle-lo primeiro asento
porque mola moito máis.

Os mexicanos, os mexicanos
acabamos de chegar,
para dicirlles ós profesores
que é o que nos gusta máis.

A ximnasia e a plasti
son as nosas favoritas,
que co galego e as mates
rompemo-la cabeciña.

Os mexicanos, os mexicanos
acabamos de chegar,
para dicirlles ós profesores
que algo queremos cambiar.

En música nos queremos
que nos deixen máis tocar
e na clase de inglés
preferiamos bailar.

Os mexicanos, os mexicanos
acabamos de chegar,
para pedirlles ós gobernantes
uns poucos cartiños máis.

Queremos todo de balde,
incluso un comedor,
para comer no colexio
vendo a televisión.

Os mexicanos, os mexicanos
xa nos imos a marchar,
se convencemos co que dixemos
¡que ben o imos pasar!