ENTROIDO 2004
"Valle-Inclán"

Os "SINVERJUENZAS" de 5º son un grupo de velliños e velliñas ¡Moi salerosos! Viñeron de moi lonxe para tomas as curativas augas da Toxa.
Acompañáronos un grupo de rapazas explosivas autóctonas, que fixeron que a súa visita o Grove fose ¡INOXIDABLE!

"SINVERJUENSAS"

E aquí, vimos nós,
somos os de quinto
uns superdotados,
inda que por aí
algún profe diga
que somos uns vagos.

Se somos do mellor que hai
Voamos coma Superman.

(Estribillo)
Sinverjuensas nos chaman a nós
e non lles facemos nin caso
cantamos, bailamos
¡queremos xogar! (bis)

 

 

E aquí Ana e Luz
son un par de profes
algo "escajalladas".
Por alí, Nacho e Ramón
contan uns chistes
¡cada trapallada!.

Xa estamos fartos de aguantar
"po" ano que ven imos pirar.

Profesores ¡deixádeme en paz!
eu marcho para a disco
Ligar e ligar
e triunfar "a lo guai" (bis)

E "po" curso tamén
podemos quedarnos a comer fetén,
cen por cen natural,
sen precocinados ¡que fenomenal!

Se como eu no comedor
todo será moito mellor

(Estribillo) (Bis)

Antes de dicir "bye"
outro conto novo
nós imos contar.
díxome o meu pai
que a xornada única
chega ó Valle-Inclán.

Este cole é o mellor que hai
todo o mundo quere vir "pacá"

Imos ter que a Toxa comprar
para meter tanto rapaz.
ampliar... ampliar...
ata a Marte chegar.

Imos ter que a Toxa comprar
para meter tanto rapaz.
Vinde ve-lo colexio
¡NO CEO XA ESTÁS! (bis)