ENTROIDO 2004
"Valle-Inclán"

OS RAPACES E RAPAZAS DE SEXTO

Os veteranos do cole quixeron rememorar aquelas comunas hippies da época na que algúns profes eran un pouco máis liberales do que son agora. Como para o próximo ano nos estarán con nos quixeron facer inolvidable esta última actuación.
 
Tamén os rapaces de 6º foron os presentadores do noso festival

"BYE,BYE"

Hola tíos, somos os de 6º
e viñemos protestar
é o noso último ano
no colexio Valle-Inclán.

Como somos os maiores
non nos imos a cortar
queremos martes e xoves
co balón poder xogar.

Que non poñan máis deberes
que xa imos reventar
que nos pesa a mochila que rompe, que rompe vai rachar.

Queren facer de nos
uns "lumbreras".

Pois con tanto que estudiamos
o nobel imos gañar.

Queremos que non manden castigos.

Se movemos un só dedo
o director vainos fichar.

E pasamos ó tema dos profes
que só queren amolar.

Profe Ana que pesada
que ti só queres cantar.

Profe Mela, cando te cabreas
do teu lado hai que escapar.

Profe Tachi cos castigos
non nos deixas respirar.

E a profe Mari non
fai mais que redactar.

E co profe Ramón damos
mil voltas ó pabillón.

Adeus
deixamos xa o colexio
xa non seremos xefiños
se non uns simples novatiños.

Bye, bye
remata a nosa canción
marchamos para o instituto
a monta-la rebelión.