ENTROIDO 2004
"Valle-Inclán"
OS RAPACES E RAPAZAS DE TERCEIRO

A algúns dos rapaces de terceiro medroulles o nariz dun modo estraño. ¿Que lles pasou? E que ... anduveron a dicir MENTIRAS. Esto recórdanos a alguen ó que lle pasou esto mesmo: a PIÑOCHO.
Pero os PEPIÑOS GRILOS vixían que os Pinochos non digan máis mentiras. Todo é posible no Carnaval.

"TEMOS QUE DICIR MENTIRAS"
Como imos de PINOCHO (bis) temos que dicir mentiras trailará,
estamos en Carnaval.

Ó chegar pola mañán, (bis) almorzamos chocolate trailará,
No COLEXIO VALLE-INCLÁN

Cando é hora de xantar (bis)
xa non temos que marchar trailará, ¡HAI COMEDOR ESCOLAR!.

E do cole imos "po" Corgo, (bis)
que ben o imos pasar trailará,
van facer un ACQUA PARK.

 

Temos uns PROFES moi "guais"( bis ) que non mandan estudiar trailará,
"sólo" nos deixan xogar.

Rosalina non che berra (bis)
se non trae-la tarea trailará,
fas un debuxo na axenda

E con Áurea estás salvada (bis) porque non castiga nada trailará,
e fas o que che dá a gana.

No AUTOBÚS facemos festa, (bis) ou botamos unha sesta trailará,
un frenazo ben nos presta.

Hai PINOCHOS importantes (bis) con cargos interesantes, trailará,
que din MENTIRAS moi grandes.

 

Din que a GUERRA é necesaria (bis) para protexer á xente trailará,
e matan ós INOCENTES.

E agora xa nos imos, (bis)
aínda que ben o sentimos trailará,
non queremos despedirnos.

Dentro dun ano volvemos: (bis)
¡non sexades MENTIREIROS trailará,
nin TRAMPÓNS,
nin RAÑUQUEIROS!