Nós somos Gatos con Botas
e queremos argallar
vivir coma uns marqueses
para non ter que vir a estudiar.

Non mola facer deberes
tampouco memorizar
queremos xogar ó fútbol
e á consola que vicia máis.

ESTRIBILLO:
¡Ai, morena arriba!
¡Ai, morena sí!
¡Ai, morena abaixo!
¡Ai, morena non!
¡Ai, morena dame!
¡ Ai, morena ten !

Que xa non nos queda tempo
cando na tele botan Sin-chan.
queremos mira-las series
aínda que acaben pola mañán.

Os profes son uns pesados,
non nos deixan estirar
e cando abrímo-la boca
disimulamos "pa" non levar.

Queremos ter polas tardes
recreo para xogar
con inmensas porterías
que o balón non deixen pasar.

ESTRIBILLO.

CUARTO
"OS GATOS CON BOTAS"
(Música de Migallas)

Xa estamos fartos dos profes
e de Áurea moito máis
que nos manda e nos ordena
e nós calados e a traballar.

Cando chega Rosalina
non nos para de berrar.
Ramón danos moita caña s
eique nos quere poñer a andar.

Pra Nacho podemos ser
"merluzos " ou "cariñíns",
con Mary rezamos moito
e con Anita cantamos ben.

E cos gamberros do Grove
sabémo-lo que facer:
¡ metelos todos nun saco
como agasallo para o Marqués!.

ESTRIBILLO:
¡ Ai, todos arriba!
¡Ai, todos así!
¡Ai, todos "pra" abaixo!
¡Ai, todos "pra" acó!
¡Ai, todos "pra" adiante!
¡Ai, todos "pra" atrás!

Que xa non nos queda tempo
para quedarnos aquí a cantar,
querémonos despedir
de tódolos nenos do Valle-Inclán.

¡Ai, todos arriba!
¡Ai, todos así…