 |
CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO.
Por mor, do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro dende o Equipo de Biblioteca queremos acercarvos e que coñezades mellor a este mítico e importante autor galego. Aquí vos presentamos a bibliografía para que sepades algo máis da súa vida.
CELSO EMILIO FERREIRO POETA GALEGO
Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu o 6 de Xaneiro de 1912 no seo dunha familia acomodada e foi o menor de sete irmáns.Fixo a carreira de Maxisterio en Ourense e nunca a exerceu.
En 1940 trasládase a Pontevedra como funcionario da Fiscalía de Taxas. Desprega unha fecunda actividade literaria.
Casa con Mª Luisa Moraima Loredo o 15 de Xullo de 1943. Entre 1945 e 1950 nacen os seus catro fillos.
En 1950 trasládase a Vigo como Procurador dos Tribunais. Nestes anos publica os Papeis de Sor Armadans , que dirixe C.J . Cela, e colabora en Faro de Vigo , que dirixe Alvaro Cunqueiro .
En 1954 publica unha interesante biografía de Curros Enriquez , de quen se considera sucesor. En 1966 emigra a Venezuela, chamado pola Hermandad Galega para dirixir as actividades culturais do centro, a revista Irmandade , un programa radiofónico e a " Escola Castelao ". Ao pouco de chegar comezan as desavinzas cos directivos da Irmandade e foi expulsado.
Tras o regreso de América, vive en Madrid, onde dirixe a Aula de Literatura Galega del Ateneo . Nestes anos publica " Onde ou mundo se chama Celanova ". En 1978 publica "A taberna do Galo".
O 31 de Agosto de 1979 falece subitamente en Vigo . Ao día seguiente, 1 de novembro , é enterrado en Celanova .
A continuación premede neste enlaces e poderedes escoitar algúns dos seus poemas convertidos en canción. Disfrutádeos!!.
|