Había moito tempo que os animáis andaban a matinar a que sabía
a lúa. ¿Será doce ou salgada? .
So querían probar un anaco pequeño. Polas noites, miraban ansiosos
para o ceo.
Estarrincábanse e estiraban o pescozo,as pernas e os brazos,tentando
collela.Era todo en balde,e mesmo o animal mais grande non foi quen de tocala.
Un bo día,a pequena tartaruga decidiu subir á montaña máis
alta para así poder cegar á lúa. Desde alá arriba, a lúa estaba mais
preto; pero, ainda así, a tartaruga non puido tocala.Entón, chamou polo elefante.
- Se sobes ao meu lombo, pode que cheguemos onda ela.
A lúa pensou que se trataba dun xogo. E, conforme o elefante se achegaba,ela
arredouse un pouco.
Como o elefante non puido tocar a lúa, foi chamar pola xirafa.
- Se sobes enriba do meu lombo,ao mellor alcanzamóla.
Pero, ao ver a xirafa, a lúa subiu algo máis. E a xirafa, maila estirar
e estirar o pescozo, tampouco acadou o seu propósito. E chamou pola cebra.
-Se te pos enriba miña, quizá cheguemos moi preto dela.
A lúa colléralle gusto ao xogo e volveu subir outro chisco. A cebra esforzouse
moito,moito, pero non poido tocar a lúa. E chamou polo león.
-Se sobes ó meu lombo,quizá cheguemos a ela.
E cando a lúa avistou o león, apartouse, de novo, un anaco.Tampouco esta
vez conseguiron tocar a lúa, e chamaron polo raposo.
-Se sobes ao meu lombo, conseguirémolo, seguro-dixo o león.
Ao albiscar o raposo,a lúa volveu subir outro pouquiño. Faltaba un anaco
de nada para chegar, pero a lúa comezou a esvaecerse máis e máis. E o raposo
chamou polo mono.
-Seguro que o logramos desta vez. ¡Anda, sube enriba miña!
A lúa, nada máis ver o mono, recuou outro poco. O mono xa podía cheirala;
pero de tocala, ¡nin falalo!.
E chamou polo rato.
-Sube enriba do meu lombo. Verás como o conseguimos. A lúa viu o rato e
pensou: -Un animal tan pequerrecho non me poderá coller.
E, como empezaba a estar aburrida daquel xogo, a lúa ficou onde estaba.
Entón, o rato subiu por enriba da tartaruga, do elefante, da xirafa, da cebra,
do león, do raposo, do mono e...
dunha dentada, arrincou un anaquiño de lúa. Saboreouno compracido, e logo
foi dándolle un bocado ao mono, ao raposo, ao león, á cebra, á xirafa, ao
elefante e á tartaruga.
E á lúa sóubolles talmente a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles.
Esa noite, durmiron todos moi xuntos.
O peixe, que o vira todo,non entendía nada e dixo: -¡Vaiche boa! Tanto esforzo
para chegar á lúa, alá arriba no ceo. ¿Non verán que aquí abaixo, na auga,
hai unha máis cerca?.