Entrevista a Agustín Fernández Paz
Despois de le-lo libro "No Corazón do Bosque" que trataba
dunha nena e un trasno que vivían fantásticas aventuras e que a todos nos
resultou moi entretida, tivemos a feliz sorpresa de recibir no colexio a visita
do autor, Agustín Fernández Paz.
O
día 27 de Febreiro a media mañá, na biblioteca do cole coñecemos a este simpático
autor que ó longo de dúas horas foi desgranando de forma amena e soportando
cun sorriso as nosas preguntas sobre a súa extensa obra e a nosa curiosidade
sobre a súa vida, e máis que nada, como espertou en él a vocación de ser escritor.
Contounos
infinidade de anécdotas moi graciosas que lle serviron en ocasións como punto
de partida dalgunhas das súas
obras, como por exemplo: "No Corazón do Bosque" ocorréuselle paseando polas
fragas do Eume que sentiu como se movía baixo o seu pé algunha cousa, e sobre
iso, escribía este libro; e así outras moitas curiosidades que foron a orixe
doutros relatos da súa obra como escritor.
Para
documentarnos sobre Fernández Paz tivemos acceso ós "ordenatas" do colexio,
por iso antes de que él viñese tiñamos coñecemento dos moitos premios
que recibira e sabiamos como era físicamente por unha fotografía súa que
aparecía en internet.
De
todas formas, o cambio físico do autor era evidente, cousa que non nos sorprendeu
a ninguén, posto que nós, tamén cambiamos co paso dos anos.
A
mañá pasou rápidamente e de maneira agradable e distendida, polo que quedamos
encantados. Como despedida plasmou a súa sinatura e adicatoria individual nos
nosos libros; un recordo que nos quedará para sempre.
Recuncho
do lector de quinto B.