




ESPECIAL
MAREA NEGRA

Por iso imos traballar.
Mandaremos unha mensaxe a cada colexio. Queremos ideas, ideas para que esto non se repita.
"Ti que farías"
Queremos que nos enviedes as vosas ideas, debuxos, etc...
Neste taboleiro colocaremos todas esas ideas que nos enviedes, con todas elas imos confeccionar un informe que faremos chegar ós responsables de levalas a cabo.
¡Non o dubides, envía a túa idea, o teu debuxo. Fan moita falta!
¿Como envia-las miñas colaboracións?
Moi sinxelo, utiliza o correo electrónico:
ceip.valle.inclan.grove@edu.xunta.es
Envía o teu debuxo, ou as túas ideas e nós as colocaremos no noso mural. Poderás velas nesta páxina xunto ás ideas e debuxos do resto dos colaboradores.
Adiante, esa idea túa pode se-la mellor de todas.
