![]()
![]()
|
Algunhas das actividades que se realizan no noso centro son: - Actividades complementarias: Actividades que se realizan co alumnado no horario lectivo e teñen carácter diferenciado polo momento, espacio ou recursos que se utilizan. Para este curso están programadas as seguintes actividades: - Halloween. - O Magosto. - Festival de Nadal. - Día da Paz. - Entroido. - Obradoiro de prensa escolar. - Día das Letras Galegas. - Festival de Fin de Curso. Incluimos neste apartado saídas ou excursións fóra do recinto escolar con fins lúdico - formativos: Clases en plena natureza, asistencia a campañas fomentadas por distintos organismos oficiais,... - Actividades extraescolares. Son aquelas que se organizan fóra do horario lectivo. Aínda que polo momento está sen determinar o lugar exacto, na primavera realizaremos alomenos unha excursión por ciclo cos alumnos, fóra da zona, co fin de coñecer outras comarcas e centros de interés. A Directiva da A.P.A. está tentando organizar algunha actividade extraescolar para os nenos do Centro, en horario de 5 a 6. De realizarse, o Centro prestaría as súas instalacións, como xa fixo en anos anteriores.
|