O C.E.l.P. " VIRXE DA BARCA " conta con 5 unidades creadas, distribuídas do seguinte modo:

2° Ciclo de Educación Infantil:

1° Nivel, 2° Nivel e 3° Nivel.

(Unha unidade en cada nivel)  

1° Ciclo de Educación Primaria:

 1° Nivel e  2° Nivel.

(Unha unidade en cada nivel).

    O C.E.l.P." VIRXE DA BARCA" é un Centro incompleto xa que o 2° e o 3° Ciclo de Educación Primaria están escolarizados no C.E.l.P. " OS MUIÑOS", vila distante a uns 3 kms de Muxía.

     O grupo docente está formado por 3 mestres de Educación Infantil e 3 especialistas, un en Música, outro en Inglés e outro en Pedagoxía Terapéutica. Salvo este último, os demais son titores. Acude ó Centro unha mestra de Relixión, impartindo esta materia nos 5 grupos cos que conta o Centro. A Educación Física impártea o mestre de P.T., así como unha hora semanal de Psicomotricidade en cada nivel de Educación Infantil.

       Tamén contamos cun conserxe que nos axuda e se implica moito.

 

                                          Estes somos todos nós.

    Este Centro ten unha nova ubicación desde mediados do curso 1.998 -99. É, por tanto, un edificio novo con modernas instatacións que ten en conta a eliminación de barreiras arquitectónicas (ascensor, servicios adaptados para minusválidos, rampa de acceso,...).

    Conta coas seguintes dependencias:

    No soto hai un ximnasio cos correspondentes servicios e coas instalacións da caldeira de calefacción, maquinaria do ascensor,... e un  patio de cemento con distintos xogos.

    Na planta principal hai 3 aulas de Educación Infantil, sá de mestres, despacho de Dirección, Conserxería, baños e patio de area con distintos xogos infantís.

    Na primeira planta hai 2 aulas de Educación Primaria, uns baños, unha sá de usos múltiples que ó mesmo tempo úsase como  aula de Educación Musical e aula de Inglés, unha biblioteca que tamén é aula de Informática e é utilizada polo mestre de Pedagoxía Terapéutica cando atende individualmente ós alumnos.

    Os patios exteriores son totalmente insuficientes para as necesidades dos alumnos destas idades, tanto polo seu pequeño tamaño como pola súa distribución en dous niveis.

 Coa a axuda da A.P.A., que subvencionou os materiais, e do Conserxe, que o elaborou,  o patio está máis alegre, xa que se fixo un mural que tapou toda a parede que bordea o patio. Cada ano vaise adecentando un pouco máis coa axuda permanente da citada A.P.A. O curso pasado   cubriuse unha parte do chan, onde se atopan os balancíns e tobogáns, xa que as continuas chuvias fan que apoce a auga e sexan moitos os días nos que non poden disfrutar. No presente curso trouxeron un tractor de area para disfrute dos pequenos.