A xornada lectiva distribúese en dúas sesións:

Sesión de mañá: de 10'00 a 13'00.

Sesión de tarde: de 15'00 a 17'00.

Durante os meses de setembro e xuño a xornada lectiva distribúese nunha única sesión de mañá: de 9'30 a 13'30.

Aínda que se presenta un horario tipo mosaico en 1° e 2°, a distribución horaria será flexible tendo en conta o cómputo xeral adicado ás distintas áreas e bloques de contidos e tamén ós criterios de capacidade de traballo dos alumnos, a globalización, a fatiga ante as materias, os centros de atención, tempo para actividades individuais e en grupo, actividades de tipo creativo, actividades de libre uso do tempo.

Ademáis en Educación Infantil, ó final da mañá e a segunda parte da tarde se farán, ás veces, actividades en gran grupo, onde se poden xuntar a tódolos alumnos e alumnas. Tendo en conta o grao de fatiga dos alumnos e alumnas, as distribucións serán moi flexibles. Son actividades de Etapa, máis que de nivel.

Tódolos días os mestres teñen tamén unha hora de dedicación exclusiva.

Esta hora de exclusiva estará adicada a:

- Elaboración de programacións.

- Asistencia a reunións.

- Atención a pais e nais: os mércores de 17´00 a 18´00.

- Desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

- Atención a alumnos e alumnas con dificultades.

- Atención á Biblioteca.

- Aqueloutras actividades que se consideren necesarias para a boa marcha do Centro.

O noso Calendario Escolar  2005-2006

O horario do noso colexio é o establecido pola Consellería de Educación na súa Orde de 5 de Maio de 2004 (DOG de 25 de maio de 2004).
Comezo das clases: 12 de setembro.
Fin das clases: 29 de xuño

Calendario Curso 2005-06

Períodos de vacacións:

Vacacións de Nadal  (decembro 2004-xaneiro 2005)

lu ma me xo ve sa do
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9

Vacacións de Semana Santa (marzo 2005)

lu ma me xo ve sa do
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Días Festivos:

Serán os así declarados pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Ademais serán días non lectivos os seguintes:
  • 26 de novembro, por traslado do día 27 (San Xosé de Calasánz, patrón dos Centros de Ensino Primario).
  • 7 de decembro de 2004.
  • 7 e 8 de febreiro de 2005, correspondentes ó Entroido.