O C.E.l.P. " VIRXE DA BARCA " de Muxía está ubicado no Monte Enfesto, situado dentro da vila e para chegar a el é necesario subir unha pendente do 12 % o que fai dificultoso o seu acceso.

A vila ten un censo aproximado de 1.700 habitantes. A maior parte da poboación activa da vila está adicada á pesca. Este sector está pasando unha fonda crise, agravada polo desastre ecolóxico causado polo Prestige, de tal xeito que algúns barcos estanse a desguazar, pasando os mariñeiros a situacións de paro. Esta situación foi remediada temporalmente polas axudas da administración e os empregos temporais en tarefas de limpeza da costa.     O traballo feminino está adicado fundamentalmente á arte do encaixe ou palillo. Ademais,  nestes últimos anos conseguíronse ingresos adicionais nos obradoiros de emprego e en contratos temporais de distintos traballos de limpeza.

 

É esta unha zona bastante deprimida onde os medios económicos e culturais son escasos. É por iso que os pais participan activamente en calquera actividade que promova o Centro (excursións, magosto, entroido, festivais,...).

 

Neste curso hai novos alumnos fillos de emigrantes retornados. Aínda así, a natalidade segue unha liña descendente e cada curso baixa a matrícula. No presente, baixou de 56 a 52 alumnos.

A lingua vehicular é o galego, cunha forte variante local.